mineral

mineral

lat tardío minerāle

Plural: minerais
  1. adx

    Relativo ou pertencente ás substancias naturais non orgánicas, ás súas partes e ao seu conxunto.

  2. s m [QUÍM ]

    Sólido homoxéneo e de composición química definida, que se forma na natureza por un proceso inorgánico e que posúe unha estrutura ordenada nas moléculas que o constitúen.

  3. s m [BIOL/QUÍM ]

    Elemento que pertence ao campo da química inorgánica que intervén no metabolismo animal e vexetal de xeito imprescindible.

  4. s m [IND ]

    Parte dun xacemento mineiro que se emprega como materia prima para a extracción dun metal.