mina

mina

fr mine

Plural: minas
  1. s f
    1. Depósito do que se extraen metais, pedras preciosas ou materiais combustibles.

    2. Obra subterránea en que se intenta explotar unha substancia mineral.

  2. s f

    Manancial ou fonte de auga subterránea.

  3. s f [BÉL ]

    Artefacto bélico destinado a golpear ao inimigo cunha explosión provocada por sorpresa.

  4. s f

    Barriña de grafito que vai no interior dun lapis.

  5. s f
    1. Paso subterráneo para comunicar dous lugares.

    2. Escavación subterránea feita para captar e conducir augas.

    3. Galería escavada baixo unha fortificación para voala con explosivos.

  6. s f

    Oficio, emprego ou negocio no que, con pouco traballo, se obtén moita ganancia.

Citas

  • Aquel negocio era unha mina de ouro
  • Este cabalo de carreiras é unha mina de gañar diñeiro

Palabras veciñas

mimosa mimosáceo -a min mina mina miña minar