milla

milla

lat milĭa ‘mil’

Plural: millas
  1. s f [HIST/METROL ]

    Medida itineraria que, en tempos dos romanos, equivalía a mil pasos, é dicir, a 1.482 m.

  2. milla marina [METROL ]

    Medida de lonxitude empregada na mariña que equivale a 1.852 m.

  3. milla terrestre [METROL ]

    Medida itineraria utilizada nos paises anglosaxóns que equivale a 1.609,3 m.