migración
lat migratĭōne
-
s
f
[DEMOG ]
Desprazamento espacial feito por unha poboación. Os fenómenos migratorios son directamente proporcionais á diferenza entre poboación e recursos e inversamente proporcionais á distancia dos espazos correspondentes.
-
s
f
[ALIM ]
Fenómeno polo que, na tecnoloxía do envasamento de alimentos, certas impurezas pasan ao contido e o contaminan.
-
s
f
-
Desprazamento cíclico, xeralmente colectivo, dunha poboación animal e, a miúdo, con lugares de partida e chegada moi precisos.
-
Desprazamento moi longo, non cíclico, dun grupo animal ou dun individuo.
-
-
s
f
[MED ]
Desprazamento progresivo dalgún dente.
-
s
f
[XEOL ]
Fenómeno polo que o petróleo pasa da rocha nai en que se atopa inicialmente a outra rocha máis ou menos afastada.
-
migración iónica
[QUÍM/FÍS ]
Fenómeno polo que, debido a unha diferenza de potencial entre dous electrodos somerxidos nunha disolución electrolítica, os ións desa disolución se dirixen ao electrodo de signo oposto.