microscopio

microscopio

micro- + -scopio

Plural: microscopios
    1. s

      Instrumento que permite observar obxectos de pequeno tamaño, formando unha imaxe agrandada mediante un sistema de lentes (ópticas, electrónicas ou acústicas).

    2. microscopio acústico

      Microscopio que visualiza un obxecto de pequenas dimensións ao detectar as variacións que experimenta unha onda ultrasonora ao interaccionar co obxecto.

    3. microscopio electrónico

      Microscopio cun alto poder de resolución que visualiza un obxecto de pequenas dimensións facéndoo interaccionar con electróns.

    4. microscopio óptico

      Instrumento que permite observar obxectos de pequenas dimensións producindo unha imaxe aumentada mediante un sistema óptico.

  1. microscopio solar [FÍS ]

    Aparato que, nun cuarto escuro, proxecta sobre unha superficie branca a imaxe agrandada dun obxecto mediante a luz solar reflectida por un espello e concentrada por un sistema de lentes.