anguía
anguía
lat anguilla
-
s
f
[ANIMAL/ICT ]
Peixe, da familia dos angüílidos, de corpo serpentiforme, boca ampla con dentes diminutos e as aletas dorsal, caudal e anal unidas entre si. A pel está cuberta de escamas diminutas e dunha abondosa mucosa que a fai moi escorregadiza.
-
anguía abisal
[ANIMAL/ICT ]
Peixe, da familia dos sinafobránquidos, de corpo alongado, que vive entre 400 e 4.800 m de profundidade.
-
anguía luminosa
[ANIMAL/ICT ]
Peixe, da familia dos astronéstidos, de corpo alongado. Presenta dúas fileiras de fotóforos.
Sinónimos
Refráns
- A anguía, en empanada, e a lamprea; escabechada.