metamorfose

metamorfose

lat metamorphōsis gr μεταμόρφωσις ‘transformación’

Plural: metamorfoses
  1. s f

    Cambio dun ser cando perde a súa forma natural e colle outra.

  2. s f

    Aquilo en que se converte unha cousa como consecuencia desa transformación.

  3. s f [ZOOL ]

    Conxunto de cambios morfolóxicos e fisiolóxicos que experimentan determinados animais entre o estado larval e o estado adulto.

  4. s f

    Transformación física ou moral de alguén ou algo.

Sinónimos

Citas

  • As metamorfoses dos personaxes mitolóxicos foron descritas por moitos artistas
  • Converteuse nunha metamorfose do que era
  • O rapaz experimentou unha metamorfose durante o servizo militar