metálico -ca

metálico -ca

lat metallĭcu gr μεταλλικός

Plural: metálicos Masculino: metálico Masculino plural: metálicos Feminino: metálica Feminino plural: metálicas
  1. adx
    1. Que é de metal ou pertence a el.

    2. Que ten as características propias dun metal.

  2. s m

    Rede metálica sobre a que se apoia o colchón.

  3. s m

    Diñeiro en moeda.

  4. enlace metálico [FÍS ]

    Enlace en que os electróns están totalmente deslocalizados, é dicir, non hai ningunha dirección preferente, polo que é un enlace non direccional.

Confrontacións

somier

Citas

  • Adornou o vestido cun broche metálico
  • Colocou o colchón sobre o metálico para estar máis cómodo
  • Levo os cartos en metálico e vaime romper a carteira
  • Nesta tenda só se pode pagar en metálico
  • O secuestrador tiña unha voz metálica, distorsionada por algún aparato