metabolismo

metabolismo

gr μεταβολ ή ‘mudanza’ + -ismo

Plural: metabolismos
  1. s m [BIOQ/FISIOL ]

    Conxunto de reaccións bioquímicas que teñen lugar nos seres vivos e que agrupan as funcións vitais de nutrición, respiración e síntese a partir da enerxía das moléculas fundamentais.

  2. metabolismo basal [FISIOL/MED ]

    Consumo mínimo de enerxía para manter as actividades metabólicas, que se mide nun individuo que se atopa en repouso físico e psíquico, a unha temperatura de 20°C e en xaxún.

  3. metabolismo enerxético [FISIOL ]

    Transformación no organismo da enerxía química dos alimentos en calor, cando o organismo está en repouso e, en traballo e calor, cando o organismo realiza unha actividade muscular.