mérito

mérito

lat merĭtu

Plural: méritos
  1. s m

    Aquilo que fai digno de recompensa e de estima a alguén ou algo.

  2. s m

    Conxunto de calidades que fan digno de estima e consideración a alguén.

  3. s m [RELIX ]

    Calidade das obras do home xustificado pola graza e acometidas libremente. Está implícito no Novo Testamento, onde se afirma que o Deus xusto dá a vida eterna en virtude das boas obras.

  4. méritos do proceso [DER ]

    Conxunto de probas e razóns que lle serven ao xuíz para resolver.

Antónimos

Citas

  • Ascendérono debido aos seus méritos
  • Ten moito mérito o que fixo por vós, OBS: Tamen se emprega co mesmo significado na construción de mérito, A decisión que tomou realmente foi de mérito

Refráns

  • En terra de cegos o torto é un rei.
  • Non é porque asubías, senón porque asubiaches.