meridiano -na

meridiano -na

lat meridiānu

Plural: meridianos Masculino: meridiano Masculino plural: meridianos Feminino: meridiana Feminino plural: meridianas
  1. adx

    Relativo ou pertencente ao mediodía.

    1. s

      Círculo máximo da Terra que pasa polos polos.

    2. s

      Semicírculo da terra que vai de polo a polo.

    3. meridiano de Greenwich

      Meridiano que pasa polo antigo observatorio de Greenwich (Reino Unido) e que é a liña base para establecer os fusos horarios mundialmente. OBS: Tamén se denomina meridiano cero ou meridiano de orixe.

    4. meridiano inicial

      Meridiano que o home, arbitrariamente, toma como o primeiro meridiano, para determinar, sobre o ecuador, a lonxitude xeográfica de cada lugar da Terra.

    5. meridiano magnético

      Liña isógona comprendida entre os dous polos magnéticos da Terra.

  2. s m [MAT ]

    Intersección dunha superficie de revolución cun plano que pasa polo eixe de revolución.

    1. adx

      Relativo ou pertencente ao meridiano.

    2. adx

      Aplícase á sección que, nunha superficie de revolución, é producida por un plano que pasa polo eixe de revolución.

    3. altura meridiana dun astro [ASTRON ]

      Altura dun astro cando pasa polo plano meridiano.

    4. liña meridiana / [ASTRON/XEOG ]

      Intersección da horizontal dun lugar co plano meridiano do lugar que determina sobre a horizontal os puntos N e S.

    5. plano meridiano / [ASTRON/XEOG ]

      Plano vertical que pasa polo eixe da Terra e un lugar dado.

    1. meridiano celeste

      Círculo máximo da esfera terrestre que contén os seus polos.

    2. meridiano inferior

      Semicírculo do meridiano dun lugar que ten por extremos os polos celestes e que contén o nadir dese lugar.

    3. meridiano local

      Meridiano celeste que contén o cénit e o nadir do lugar xeográfico considerado.

    4. meridiano superior

      Semicírculo do meridiano dun lugar que ten por extremos os polos celestes e que contén o cénit dese lugar.

Citas

  • Explicábase con claridade meridiana
  • Pola ventá entraba unha luz meridiana

Palabras veciñas

mergullón mericarpio mericismo meridiano -na meridional merino merios