mercurio
mercurio
lat Mercurĭu
-
s
m
[QUÍM ]
Elemento metálico que pertence ao grupo IIB da táboa periódica, de número atómico 80 e peso atómico 200,59. É líquido a temperatura ambiente e dunha cor branca prateada. É un elemento pouco abundante, aínda que está moi diseminado, e tanto o mercurio metálico como os seus sales son tóxicos. O mercurio emprégase na fabricación de termómetros, barómetros, manómetros, lámpadas eléctricas de descargas, rectificadores eléctricos gasosos de potencia e explosivos.
-
cloruro de mercurio (I)/mercurioso
[MINERAL ]
calomelanos.
-
cloruro de mercurio (II)/mercúrico
[QUÍM ]
Sólido cristalino que se presenta en forma de cristais incoloros, que forma numerosos sales dobres e complexos denominados cloromercuriatos.
-
sulfuro de mercurio (II)/mercúrico
[QUÍM ]
Sólido brillante de cor escarlata que se atopa na natureza formando o cinabrio, que se emprega na obtención do mercurio.