mercado

mercado

lat mercātu

Plural: mercados
  1. s m [ECON ]

    Intercambio de mercadorías por outras mercadorías ou por cartos.

  2. s m [HIST ]

    Reunión de mercadores nun lugar público co propósito de efectuar un intercambio comercial.

    1. s

      Conxunto de actividades de compra e venda de mercadorías levada a cabo por dúas categorías de suxeitos económicos, os que ofrecen e os que demandan.

    2. mercado de crédito

      Organización institucional formada por todas as operacións de crédito.

    3. mercado de futuros

      Mercado en que se fan transaccións cos contratos de compra e venda, nunha data de futuro e a un prezo especificado. A súa finalidade é protexer os compradores e os vendedores das flutuacións imprevistas no prezo dunha mercadoría.

    4. mercado de valores

      bolsa de valores.

    5. mercado interbancario

      Segmento do mercado monetario dun estado, onde negocian estritamente as entidades bancarias para ofrecer os seus excedentes líquidos de tesouraría ou para pedir diñeiro a curto prazo.

    6. mercado interior europeo

      Espazo económico sen barreiras interiores, que constitúe o mercado interior da Unión Europea. O seu obxectivo é reestruturar as empresas e reforzar a súa competitividade.

    7. mercado negro

      Intercambio ilegal ou clandestino de mercadorías que teñen unha circulación prohibida ou racionada.

  3. s m
    1. Lugar público ou edificio onde se fan as transaccións comerciais.

    2. Lugar público destinado á venda de produtos alimentarios. OBS: Tamén se denomina praza.

Sinónimos

Citas

  • Realizaron un estudo de mercado para a nova bebida

Refráns

  • Moitos van ao mercado e cada un ca seu coidado.
  • Quen anda de mercado en mercado, un atoparao bo e outro malo.