mensaxe

mensaxe

occit messatge

Plural: mensaxes
  1. s f

    Comunicación oral ou escrita transmitida a un destinatario para informalo de algo.

  2. s f

    Significado dunha obra artística ou literaria.

  3. s f

    Conxunto de caracteres empregado para conter e transmitir datos.

Citas

  • A mensaxe dos seus filmes sempre ten connotacións antirracistas
  • A mensaxe real de Nadal emítese ás nove da noite
  • Mandoulle unha mensaxe ao xefe por correo electrónico