mediterráneo -a
mediterráneo -a
lat mediterranĕu
-
-
adx
Relativo ou pertencente á rexión mediterránea.
-
rexión mediterránea
Rexión bioxeográfica do reino holártico que comprende os países da conca mediterránea. É de clima seco e invernos suaves, choivas outonais, verán seco e vexetación xerófila.
-
adx
-
-
adx
Relativo ou pertencente á raza mediterránea ou aos seus representantes.
-
s
Individuo da raza mediterránea.
-
raza mediterránea
[ANTROP/FISIO ]
Raza do grupo leucodermo dolicocéfala, de pel morena e ollos escuros, que ocupa Europa Meridional e o N do Sáhara.
-
adx
-
clima mediterráneo
[METEOR ]
Clima típico da zona mediterránea que se dá nas costas occidentais, entre os 30° e 40° de latitude, e que se caracteriza polos veráns secos e cálidos e os invernos suaves.