mediana

mediana

lat mediāna

Plural: medianas
  1. s f
    1. Segmento que, nun triángulo, vai dun vértice ao centro do lado oposto.

    2. Segmento que, nun trapecio, une o centro dos lados non paralelos.

    3. Segmento que, nun cadrado ou nun rectángulo, une os centros dos lados opostos.

  2. s f [MAT ]

    Dato que se sitúa no centro nun conxunto de datos estatísticos ordenados de menor a maior.

  3. s f

    Espazo lonxitudinal que separa os dous carrís dunha estrada que teñen diferente sentido.