aneurisma
aneurisma
lat tardío aneurysma gr ἀ νεύρυσμα ‘dilatación’
-
s
m
[PAT ]
Bolsa formada pola dilatación das paredes dunha arteria nun punto delimitado e en comunicación coa luz do vaso.
-
aneurisma cardíaco
[PAT ]
Dilatación dunha parte dun ventrículo do corazón, causada por un infarto de miocardio.
-
aneurisma verminoso
[VETER ]
Enfermidade ocasionada por nematodos que parasitan na capa muscular das arterias de diversos mamíferos.