mariñeiro -ra
mariñeiro -ra
mariña
-
adx
Relativo ou pertencente ás persoas que traballan no mar.
-
adx
Aplícase ás embarcacións con boas condicións de navegabilidade.
-
s
Persoa que traballa no mar desempeñando as faenas da pesca.
-
s
Persoa que traballa nun barco servindo nas manobras.
-
s
Persoa que serve na armada.
Sinónimos
Citas
- A dorna que estaba pintando é moi mariñeira
- A túa curmá traballa de mariñeira no transatlántico que chega hoxe a cidade
- Foi de mariñeiro nun destructor á última guerra
- Moaña é unha vila mariñeira
- O meu mozo é mariñeiro e agora anda pescando en Mauritania
Refráns
- Andarás mollado e morrerás infrado.
- Lancha dentro, amigo fóra.
- O mellor mariñeiro morre no mar, onde ninguén se pode descoidar.
- O que é bo patrón nunca deixa o timón.
- O que queira medrar, que viva en porto de mar.
- O que sabe ser patrón sempre vai ao timón.
- ¿Vas á rapeta? Andarás mollado, faraste a porreta e morrerás inflado.