marchante

marchante

fr marchand

Plural: marchantes
  1. s m

    Comerciante ambulante.

  2. s m [ARTE ]

    Comerciante de obras de arte.

Sinónimos

Citas

  • Á feira de Chantada viñan marchantes de toda Galicia
  • Merqueille o cadro ao marchante
  • Quedaban ela e o seu marchante na casa