mar

mar

lat mare

Plural: mares
  1. s m [MAR ]

    Masa de auga salgada que ocupa o 70% da superficie da Terra.

  2. s m

    Porción en que se divide o océano.

    1. s

      Estado do mar con relación ás dimensións das ondas.

    2. mar alto

      Mar coas ondas que oscilan entre 0,25 e 0,50 m de altura.

    3. mar bravo

      Mar con ondas que oscilan entre 4 e 6 m cando hai tempo tormentoso.

    4. mar calmo

      Mar sen ondas, plano.

    5. mar de fondo

      Mar que presenta as ondas altas, que proceden do interior e que chegan á costa.

    6. mar desfeito

      Mar con ondas de máis de 14 m.

    7. mar gordo

      Mar axitado con ondas de ata 4 m.

    8. mar picado

      Mar con ondas de entre 1,5 e 2,5 m que se vai alterando.

    1. mar aberto

      Espazo marítimo que non forma parte do mar territorial nin das augas interiores.

    2. mar territorial

      Espazo marítimo sometido á soberanía dun estado.

Frases feitas

  • A mares. Con grande abundancia.

  • Baixar o mar. Baixar a marea.

  • Encher o mar. Subir a marea.

  • Golpe de mar. Movemento brusco e inesperado provocado por unha onda xigantesca.

  • Lobo de mar. Mari

Refráns

  • O mar ao mais amigo logo o pon en perigo.
  • O mar e a muller hanse de lonxe ver.
  • O que o mar dá, o mar o quita.
  • Quen non sabe de mar non sabe de marear.