manía

manía

lat manĭa gr μανία ‘loucura’

Plural: manías
    1. s

      Psicose caracterizada por unha exaltación das facultades vitais: euforia esaxerada, aceleración do curso das ideas e axitación psicomotora.

    2. manía de grandeza

      Obsesión por aparentar importancia esaxerada ou riquezas.

    3. manía persecutoria

      Obsesión de ser obxecto de mala vontade por parte doutra ou doutras persoas.

  1. s f

    Costume raro que se practica en exceso.

  2. s f

    Mala vontade ou animadversión contra algo ou alguén.

Sinónimos

Confrontacións

odio, rancor, resentimento, teima, xenreira, zuna