malva

malva

lat malva

Plural: malvas
    1. s

      Planta do xénero Malva Lavatera.

    2. s

      Planta herbácea, coa base leñosa, follas dentadas e pedunculadas, flores rosas ou púrpuras e froitos pilosos.

    3. s

      Planta herbácea, de talo pubescente, follas pinnatipartidas, sépalos máis ou menos soldados e pétalos rosa pálido.

    4. s

      Planta herbácea, co talo cuberto de pelos estrelados, follas cos lóbulos dentados e pétalos libres e rosados.

    5. malva arbórea [Lavatera arborea]

      Planta bianual de talos grosos, follas con lóbulos pregados en abano e flores lilas ou púrpuras cos nervios máis escuros.

    6. malva de olor

      malvela.

  1. adx

    Que ten unha cor semellante á da flor da malva, entre morado e rosa.

  2. s m

    Cor semellante á da flor da malva.

Refráns

  • A malva, collela e non regala; a herba, regala e non collela.
  • Nin de malva bo vencello nin de mozo bo consello.