mago -ga

mago -ga

lat magu gr μάγος

Plural: magos Masculino: mago Masculino plural: magos Feminino: maga Feminino plural: magas
  1. s

    Persoa que sabe ou practica a maxia.

  2. s

    Persoa que fai trucos de maxia.

  3. s

    Persoa que destaca nunha determinada actividade.

Sinónimos

Confrontacións

ilusionista

Citas

  • Acudiu a un mago para que lle quitase o feitizo
  • Aquel rapaz era un mago do balón
  • O mago fixo desaparecer o floreiro