andarivel

andarivel

lat andarivelle it andarivello de anda e vivieni ‘vai e vén’

Plural: andariveis
  1. s m

    Corda ou cable que atravesa un río e que serve para conter a leña que transporta a corrente ou que fai de guía a unha embarcación que o cruza.

  2. s m
    1. Cabo utilizado nos navíos para izar ou arriar vergas ou mastros.

    2. Corda grosa que se pon ao costado dun barco para seguranza dos mariñeiros.

Sinónimos

Palabras veciñas

andar andarela andarica andarivel andarríos andas andavía