maduro -ra

maduro -ra

lat matūru

Plural: maduros Masculino: maduro Masculino plural: maduros Feminino: madura Feminino plural: maduras
  1. adx

    Aplícase ao froito que está no estado de sazón apropiado para ser comido ou recollido.

  2. adx

    Que chegou a un estado de reflexión tal que pode ser executado.

  3. adx

    Que chegou a un estado de desenvolvemento psíquico considerable.

  4. adx [PAT ]

    Aplícase ao absceso que está a punto de rebentar.

Antónimos

Citas

  • Elixiu os marmelos máis maduros para facer o doce
  • Era moi madura para os seus anos
  • Fixo un razoamento moi maduro
  • Xa case ten maduro o proxecto para a nova casa
  • Xa era un home maduro cando casou

Palabras veciñas

madurés -sa madurez madureza maduro -ra maestoso* mafa mafia