maduración

maduración

lat v *maturatĭōne

Plural: maduracións
  1. s f

    Acción e efecto de madurar.

  2. s f [BIOL ]

    Proceso polo que células ou tecidos dun órgano adquiren pleno desenvolvemento.

  3. s f [BIOL ]

    Proceso en que as células sexuais diploides se transforman en gametos haploides.

  4. s f [PAT ]

    Proceso de formación de pus nun absceso.

  5. s f [ALIM ]

    Operación que consiste en deixar repousar un alimento ata que adquire as propiedades adecuadas.

  6. s f [BOT ]

    Conxunto de transformacións que sofren o óvulo e o ovario e que dan lugar ao froito.