macho

macho

lat mascūlu

Plural: machos
  1. s m

    Ser vivo coas características do sexo masculino.

  2. s m

    Animal que se utiliza como semental.

  3. s m

    Peza que se introduce ou encaixa noutra.

  4. s m

    Peza metálica que se emprega para facer a rosca na fura dun trade.

  5. adx

    Que ten as calidades que se consideran propias do sexo masculino.

  6. macho do temón [MAR ]

    Pinzón fixo do temón, que encaixa noutro denominado femia.

Antónimos

Citas

  • Crese moi macho por falarlle así a unha persoa maior
  • O carneiro é o macho da ovella
  • Portouse coma un macho naquela perigosa situación

Palabras veciñas

machiño machismo machista macho macho macho machón