lúpulo

lúpulo

lat tardío lupŭlu

Nome científico: Humulus lupulus Plural: lúpulos
s m [PLANTA ]

Planta herbácea perenne, da familia das cannabáceas, gabeadora, dioica, de follas opostas, ovais ou palmatilobuladas, dentadas e de flores verdes, as femininas agrupadas en inflorescencias. Cultívase polas infrutescencias que, engadidas á cervexa, lle dan o aroma e o sabor amargo.

Palabras veciñas

lupercais lupinose lupulina lúpulo lupus lura lureira