lucerna

lucerna

lat lucerna

Plural: lucernas
  1. s f

    Lámpada romana de aceite.

  2. s f [ARQUIT ]

    Pequena abertura na cuberta ou parede dunha construción para dar claridade e airear.

  3. s f [FÍS ]

    Nome xenérico das imaxes anterior, lucerna de entrada, e posterior, lucerna de saída, do diafragma de campo nun sistema óptico.

  4. s f [ANIMAL/ENTOM ]

    vagalume.

  5. lucerna das praias [PLANTA ]

    melga de mar.

Sinónimos

Confrontacións

lanterna