Droga alcaloide semisintetizada a partir da ergometrina presente no cornizó do centeo. Ten efecto psicomimético e alucinóxeno. A súa potente actividade vasoconstritora empregouse en medicina para controlar hemorraxias e como oxitócicos.