lóxica
lat logĭca gr λογικ ή έ
-
s
f
[FILOS ]
Ciencia que estuda os enunciados válidos ou formalmente verdadeiros ou que trata da relación de consecuencia entre enunciados.
-
s
f
Maneira de pensar ou de razoar.
-
s
f
Explicación, acción ou razoamento coherente.
-
s
f
Forma natural de desenvolverse algo.
-
lóxica alxébrica
[MAT ]
Estudo alxébrico da lóxica como linguaxe, das estruturas que presentan as diferentes lóxicas para chegar a atopar estruturas alxébricas, pouco usuais no ámbito da álxebra clásica.
-
lóxica da mecánica cuántica
[FÍS ]
Lóxica non clásica xurdida no ámbito da mecánica cuántica cando nas proposicións relativas aos enunciados desta mecánica poden ser representadas por subespazos pechados dun espazo de Hilbert complexo e separable.
-
lóxica electrónica
[FÍS ]
Teoría matemática que permite establecer métodos alxébricos para o estudo e a resolución de problemas moi diversos de conmutación dos circuítos eléctricos.