loureiro

loureiro

louro

Plural: loureiros
    1. s

      Árbore perennifolia, da familia das lauriáceas, dioica, de follas oblongas agudas e aromáticas, empregadas como condimento de flores pequenas brancas e de froitos baciformes, ovoides e negros.

    2. loureiro de tres nervios [Cocculus laurifolius]

      Árbore, da familia das menispermáceas, de follas perennes, brillantes, lanceoladas e tres nervios marcados, flores pequenas e amarelas, en acios e froito en drupa.

    3. loureiro negro [Cordia gerascanthus]

      Árbore, da familia das boraxináceas, coa cortiza externa cinsenta, con leves fisuras lonxitudinais e agretada en forma de malla, follas simples, alternas, lanceoladas ou elípticas, flores en cimas paniculadas son terminais e brancas e froitos drupáceos.

    4. loureiro real [Prunus laurocerasus]

      Árbore da familia das rosáceas, de cortiza gris, follas perennes e alternas, flores brancas en acios con estames moi longos e froito de cor negra.

  1. s m [ARTE ]

    Decoración na que se reproducen as follas ou ramas do loureiro.

Palabras veciñas

lourear loureira loureiral loureiro lourido -da louro -ra lousa