lodo

lodo

lat lutu

Plural: lodos
  1. s m

    Masa branda que se forma ao mesturarse a terra coa auga.

  2. s m [PROTISTA ]

    fiúncho mariño.

  3. lodo activo [QUÍM ]

    Lama das estacións depuradoras cun elevado contido en bacterias e protozoos activos, que se multiplican nas augas.

  4. lodo residual [QUÍM ]

    Lama extraída do tanque de depuración das augas que non volve ao circuíto e é deshidratada e eliminada, ou ben é utilizada no proceso de descomposición aerobia na compostaxe.

Sinónimos

Citas

  • A enchente deixou as rúas cheas de lodo