lixo

lixo
Plural: lixos
  1. s m

    Partícula minúscula de po ou doutra materia.

  2. s m

    Conxunto de materias inservibles e de refugallo de calquera material que se tira.

  3. s m

    Alga que vén envolta na rede.

  4. s m

    Gretas que lles saen aos cabalos na lingua.

  5. s m

    Enfermidade do gando vacún que fai que o ubre se lles poña lívido e duro e o leite saia cortado.

Sinónimos

Citas

  • Despois da festa a praza quedou chea de lixo
  • Metéuseme un lixo no ollo