líquido -da

líquido -da
Plural: líquidos Masculino: líquido Masculino plural: líquidos Feminino: líquida Feminino plural: líquidas
    1. adx

      Aplícase á substancia en estado líquido. Tm s m.

    2. estado líquido [FÍS ]

      Estado da materia, intermedio entre o sólido e o gasoso, no que as moléculas teñen escasa cohesión e poden cambiar a súa posición respectiva, pero que ocupa un volume practicamente constante en función da temperatura ou a presión.

    1. adx

      Aplícase á cantidade ou ao prezo que resulta unha vez efectuadas as reducións que correspondan.

    2. adx

      Calquera ben ou activo financeiro facilmente convertible en diñeiro efectivo.

    3. s

      Diñeiro en moedas ou billetes en efectivo.

    4. líquido impoñible

      Cantidade estimada ou fixada oficialmente sobre a que se aplica a tributación que corresponde a cada contribuínte.

  1. adx [LING ]

    Aplícase á consoante precedida doutra consoante e seguida de vogal, que forma un grupo silábico con elas.

Palabras veciñas

liquidámbar liquidar liquidez líquido -da liquidus* lira lira