linguado

linguado
Plural: linguados
  1. s m [ANIMAL/ICT ]

    Nome dado a diversas especies do xénero Solea.

  2. s m [ANIMAL/ICT ]

    Peixe, da familia dos soleidos, que ten o corpo asimétrico, oval e moi aplanado, cabeza pequena e redondeada, boca lateral e ollos pequenos e xuntos. A aleta dorsal e anal están ligadas á caudal por medio dunha membrana, e a pectoral do lado cego ten unha mancha negra. A súa coloración é parda grisácea na parte superior, con manchas redondas, irregulares e escuras, e a cara interna é de cor clara. Aliméntase de moluscos, poliquetos e pequenos crustáceos e habita nos fondos lodosos e areosos.