limpeza

limpeza

limpo

Plural: limpezas
  1. s f

    Acción e efecto de limpar.

  2. s f

    Calidade de limpo.

  3. limpeza de sangue [HIST ]

    Feito de non ser fillo ou descendente de xudeus, mouriscos ou herexes. Durante o s XV apareceron en España as primeiras regulamentacións en institucións relixiosas ou universitarias, denominadas estatutos de limpeza de sangue, que impedían aos conversos e aos seus descendentes ocupar postos e cargos nelas.

Sinónimos

Confrontacións

limpidez

Citas

  • A fonda destacaba pola súa limpeza, Ninguén dubida da limpeza coa que actuou
  • Comezaron coa limpeza do parque, Hai que darlle unha limpeza ao coche

Refráns

  • A limpeza dáa Deus de balde para quen a queira usar/saiba usar.
  • As mans lavadas Deus dálIes que coman.
  • Non é limpo o que limpa, é limpo o que non lixa.
  • O día que non se varre, entra na casa quen non se sabe.
  • Se te lavas, Bras, a rela quitarás e limpo quedarás.
  • Sopas e sartén son parcas pero saben ben.
  • Tan limpa é a miña nora que mesmo os alIas limpa.