licor
licor
lat liqŭōre
-
s
m
Bebida alcohólica aromatizada e doce, preparada por maceración, infusión ou destilación de materiais vexetais con alcohol, ou ben pola adición a alcohois de extractos aromáticos, esencias ou aromas. De composición diversa, o contido alcohólico é superior a 30° e o contido en azucre é moi variable aínda que sempre superior ao 2%.
-
s
m
[QUÍM ]
Disolución nunha proporción determinada de substancias medicinais ou de reactivos químicos nun solvente, xeralmente acuoso.