librar

librar

lat liberāre

  1. v t
    1. Liberar ou preservar a alguén dunha carga, obriga, perigo ou preocupación.

    2. Deixar libre a alguén de algo ou de alguén que molesta.

  2. v t

    Deixar libre de algo un lugar ou quitar o contido dun obxecto ou recipiente.

  3. v t

    Deixar libre a alguén en certos xogos.

  4. v t

    Loitar ou soster alguén unha confrontación.

  5. v t
    1. Emitir unha letra de cambio, cheque ou outra orde de pago a cargo de quen teña fondos, a favor do librador.

    2. Ordenar a alguén cun documento mercantil o pagamento dunha cantidade á entrega de certas mercadorías ou a un terceiro por conta do ordenante.

  6. v i

    Ter algo espazo suficiente para pasar.

  7. v i
    1. Gozar un empregado ou obreiro, do tempo libre que lle corresponde.

    2. Estar exento dun traballo, cargo ou función.

  8. v i
    1. Parir unha femia.

    2. Expulsar unha femia a placenta despois do parto.

  9. v pron

    Evitar alguén unha carga, obriga, perigo ou preocupación.

  10. v pron

    Quedar libre de algo ou alguén que molesta.

  11. v pron

    Quedar libre en certos xogos.

Sinónimos

Confrontacións

salvar

Citas

  • A mesa non libraba pola porta e tiveron que desmontala
  • Libra a mesa e pon os pratos para cear
  • Libra un deses tarros e bota nel o aceite de fritir
  • Libraron unha forte discusión diante dos invitados
  • Libreime de facer os deberes, Axúdame a facer a cama, que desta non te libras
  • Libreino de ter que facer o traballo, A túa intervención librouno dun castigo seguro
  • Librou do servicio militar por ser miope
  • Librounos dun pesado que nos quería vender un aspirador, O vento librounos da néboa
  • Librouse e agora xa non ten que apandar
  • Mañá libro pola tarde, así que podemos ir ao cine
  • Non sei cómo librarme dese pesado
  • Se nos librases a tempo gañariamos nós
Conxugar
VERBO librar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
libro
libras
libra
libramos
librades
libran
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
libraba
librabas
libraba
librabamos
librabades
libraban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
librei
libraches
librou
libramos
librastes
libraron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
librara
libraras
librara
libraramos
librarades
libraran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
librarei
librarás
librará
libraremos
libraredes
librarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
libraría
librarías
libraría
librariamos
librariades
librarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
libre
libres
libre
libremos
libredes
libren
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
librase
librases
librase
librasemos
librasedes
librasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
librar
librares
librar
librarmos
librardes
libraren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
libra
-
-
librade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
librar
librares
librar
librarmos
librardes
libraren
Xerundio librando
Participio librado
librada
librados
libradas