liberado -da
liberado -da
lat liberātu, de liberāre
-
p reg
liberar.
-
adx
Que está libre ou sen ningún tipo de compromiso.
-
adx
[POLÍT ]
Aplícase ao membro dunha organización, especialmente política ou sindical, que traballa en exclusiva para ela, polo que percibe un salario polas súas funcións. Tm s.
-
adx
[ECON ]
Aplícase ás accións entregadas sen contraprestación monetaria, porque o seu valor foi cuberto por outros bens ou servizos prestados anteriormente.
Citas
- Os reféns liberados foron recollidos pola policía, Mercou un teléfono móbil liberado, que funciona a través de calquera compañía