lesma

lesma

lat limāce gr λε ῐ μαξ

Plural: lesmas
  1. s f [ANIMAL ]

    Gasterópodo pulmonado estilomatóforo, das familias dos ariónidos e dos limácidos, que presenta o corpo moi longo, sen cuncha aparente e coa pel do dorso chea de pregos lonxitudinais e cunha zona prominente situada detrás da cabeza, onde a pel é lisa e ten debaixo os restos da cuncha. Viven en zonas moi húmidas, e son prexudiciais para a agricultura, xa que se alimentan de follas de plantas cultivadas.

  2. lesma do mar [ANIMAL/ICT ]

    Peixe corpeniforme, da familia dos tríglidos, que ten o corpo de cor rosa e as aletas pectorais violáceas con manchas escuras.

Palabras veciñas

lesión lesionar lesivo -va lesma lesta lestada leste