ler

ler

lat legĕre

  1. v t
    1. Distinguir os sons figurados polas letras dun texto ou dunha lingua determinada.

    2. Pasar a vista por un texto escrito para captar o seu significado. Tm abs.

    3. Dicir en voz alta algo que está escrito e que se vai percorrendo coa vista.

    4. Facer unha lectura dunha ou máis obras dun escritor.

  2. v t

    Percorrer coa vista e interpretar e entender o que di calquera representación gráfica.

  3. v t

    Adquirir coñecemento de algo a través da lectura.

  4. v t
    1. Adiviñar unha cousa oculta ou futura interpretando determinados signos exteriores.

    2. Ser capaz de descifrar o significado de algo.

  5. v t

    Adiviñar os pensamentos ou os sentimentos de alguén pola súa actitude, a súa fisonomía ou o seu aspecto externo.

  6. v t

    Defender perante un tribunal unha tese de licenciatura, de doutoramento ou un traballo similar.

  7. v t [TECNOL ]

    Realizar un lector a súa función sobre un disco, cinta ou película que ten algo gravado ou almacenado.

Citas

  • Aínda non sabe ler un texto escrito en maiúsculas, Le inglés correctamente, pero non o fala tan ben, OBS: Nalgúns contextos omítese o complemento e adquire valor absoluto, No país só sabe ler a metade da poboación
  • É músico e enxeñeiro e tanto le un plano coma un pentagrama
  • Foi a que lle leran as raias da man
  • Lin nos seus ollos a súa ledicia
  • Na súa infancia leu moito ese autor
  • Naquelas cicatrices líase con claridade o seu pasado
  • Non lin nigún estudio sobre o autor, OBS: Nalgunhas construccións omítese o complemento e adquire valor absoluto, Le sobre calquera tema
  • Nunca improvisa un discurso, sempre os le
  • O que sei sobre o tema lino no xornal, Le ruso pero non o fala

Frases feitas

  • Ler de corrido. Ler algo sen parar.

  • Ler de corrido. Ler algo sen parar.

  • Ler por riba. Ler superficialmente un escrito sen prestarlle moita atenci

  • Ler por riba. Ler superficialmente un escrito sen prestarlle moita atenci

Conxugar
VERBO ler
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
leo
les
le
lemos
ledes
len
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
lía
lías
lía
liamos
liades
lían
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
lin
liches
leu
lemos
lestes
leron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
lera
leras
lera
leramos
lerades
leran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
lerei
lerás
lerá
leremos
leredes
lerán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
lería
lerías
lería
leriamos
leriades
lerían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
lea
leas
lea
leamos
leades
lean
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
lese
leses
lese
lesemos
lesedes
lesen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
ler
leres
ler
lermos
lerdes
leren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
le
-
-
lede
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
ler
leres
ler
lermos
lerdes
leren
Xerundio lendo
Participio lido
lida
lidos
lidas