leme

leme
Plural: lemes
  1. s m [MAR ]

    Folla de metal ou madeira que, articulada en forma vertical á popa dun barco, serve para gobernalo.

  2. s m [TECNOL ]

    Peza plana e móbil que se articula na cola e nas ás dos avións para dirixilos.

  3. s m

    Lanza do arado provista de tres buratos por onde se introduce a chavella para proporcionar o tiro.

  4. s m fig

    Xuízo ou tino que ten unha persoa na súa forma de actuar.

Sinónimos

Confrontacións

temón

Citas

  • Non ten leme ningún e hai que estar sempre pendente del