leirón
lat lyron gr λύρος
-
s
m
[ANIMAL ]
Mamífero, da familia dos glíridos. Ten aspecto robusto, cola peluda e hábitos arborícolas.
-
leirón careto
[ANIMAL ]
Mamífero, da familia dos glíridos que presenta unha franxa negra a modo de antefaz que lle cobre parte da cara. Presenta o lombo pardo arrubiado e o ventre branco, fociño alongado, orellas grandes e a cola é longa e cuberta de pelos, cun rechamante pincel de pelo branco e negro no extremo. É de hábitos trepadores e é frecuente atopalos en zonas pedregosas, de vexetación arbustiva, de piñeirais, fragas e áreas de labradío.
-
leirón rilón
[ANIMAL ]
Mamífero da familia dos glíridos, de aspecto robusto, con orellas visibles e longo rabo cuberto por unha voluminosa capa de pelo. É de cor gris prateado tanto no lombo coma no rabo e máis claro no ventre. Desenvolve a súa actividade nas árbores, e presentan un período de letargo invernal. Aliméntase principalmente de froitos e artrópodos, fungos e follas. Vive en masas de caducifolios e ocupa tamén zonas de rochas dentro de bosques e incluso zonas rurais con hortas e soutos.