lasiocámpido -da
lasiocámpido -da
lat científico Lasiocampa
-
adx
Relativo ou pertencente aos lasiocámpidos.
-
s
m
[ANIMAL/ENTOM ]
Insecto da familia dos lasiocámpidos.
-
s
m pl
[ANIMAL/ENTOM ]
Familia de insectos da orde dos lepidópteros que se caracterizan polo corpo groso e peludo e pola espiritrompa máis ou menos atrofiada. Son macrolepidópteros nocturnos, coas ás de cores apagadas, aínda que con dimorfismo sexual.