lasca

lasca

gótico laska ‘anaco’

Plural: lascas
  1. s f [ARQUEOL ]

    Fragmento pequeno que se desprende dun núcleo de pedra, normalmente de sílex

  2. s f

    Fragmento minúsculo de madeira, metal ou doutro material que se desprende dun máis grande.

  3. s f

    Tallada fina.

  4. s f [MAR ]

    Nó mariñeiro.

Sinónimos

Confrontacións

laxa

Citas

  • As lascas de madeira enchían o obradoiro
  • Boteille unha lasca de xamón ao guiso para darlle sabor
  • Os canteiros teñen que ter moito coidado coas lascas de pedra