larinxe

larinxe

gr λάρυγξ, −υγγος   ‘larinxe’

Plural: larinxes
s f [ANAT ]

Estrutura músculo-cartilaxinosa,  simétrica e regular, situada na parte anterior do pescozo, sobre a traquea e baixo a lingua e o hioides, en comunicación coa farinxe. Ten unha función respiratoria, de deglución, expectorante, tusíxena, protectora, fixadora e fonatoria por medio das cordas vocais.