lapidario -ria

lapidario -ria

lat lapidarĭu ‘canteiro’

Plural: lapidarios Masculino: lapidario Masculino plural: lapidarios Feminino: lapidaria Feminino plural: lapidarias
  1. adx

    Relativo ás inscricións gravadas en pedra.

  2. adx [LIT ]

    Aplícase ao estilo ou ao discurso sentencioso e conciso.

  3. s

    Persoa que ten como oficio tallar, puír e gravar pedras e xemas.

  4. s

    Artesán que grava inscricións no mármore ou na pedra.

  5. s m [LIT ]

    Obras medievais que describen as pedras preciosas e as súas virtudes sanadoras, para uso dos médicos.

  6. museo lapidario [ARTE ]

    Museo de carácter epigráfico.