lancha
lancha
malaio lancharan ‘lixeiro’
-
s
f
[MAR ]
Embarcación de pequeno tamaño, que pode ser de remo ou a motor, e que se emprega na pesca costeira.
-
s
f
[MAR ]
Embarcación de pequeno tamaño, que levan as grandes embarcacións para os servizos de a bordo.
-
s
f
[MAR ]
Embarcación de pequeno tamaño que se emprega para transportar carga e pasaxeiros no interior dos portos.
-
lancha de relinga
[MAR ]
Embarcación de pequeno tamaño que se empregaba para traballar coa arte do xeito e coa arte de enmalle para a pesca da sardiña.
-
lancha de salvamento
[MAR ]
Embarcación pequena que portan os grandes navíos e que empregan en caso de naufraxio.
-
lancha lanzamísiles
[MAR/BÉL ]
Embarcación de guerra que está equipada con mísiles.