laboratorio
laboratorio
laborar
-
s
m
[QUÍM/MED ]
Local disposto para efectuar investigacións científicas ou técnicas, análises químicas, preparados farmacéuticos, probas ou ensaios industriais.
-
laboratorio fonético
[LING ]
Conxunto de instrumentos, instalacións e servizos anexos destinados á recollida de emisións fónicas, previamente seleccionadas, e á elaboración técnica dos materiais reunidos.
-
laboratorio fotográfico
[IMAX ]
Local acondicionado para facer o revelado dos negativos fotográficos e obter copias positivas.